5 artigos no mes de «

Marzo do 2009

 »

O vindeiro martes, día 14 de abril, como cada segundo martes de mes, a partires das 20:30 h. no pub Borsalino de Ferrol.
Desde a Directiva estamos traballando con varias posibilidades pero, ¿tes algunha proposta?. Indícaa nos comentarios.

Rubén Coca obtén 2 nominacións para os premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego.
O director ferrolano recibiu dúas nominacións na categoría Curtametraxe de Ficción nos próximos premios Mestre Mateo que cada ano concede a Academia Galega do Audiovisual polos seus dous últimos traballos, Mínimo Común Múltiplo e La Princesa Alegría.
Mínimo Común… Seguir lendo

Sabedes que cada ano, ao redor do 28 de decembro, celebramos unha cea de aniversario para socios e amigos. “O cocido de Lefre”
Nesa cea entregamos dous premios: A Caldereta de Honra, coa que facemos un recoñecemento a unha persoa ou institución ferrolá que teña destacado pola súa traxectoria vital; e… Seguir lendo

A tertulia do mes de marzo no Borsalino provocou unha reflexión fonda sobre a situación do audiovisual en Galicia, e en Ferrol, desde múltiples ópticas.
Conducidos pola experiencia vital, e tamén pola vitalidade de Rubén Coca, puidemos lefrear sobre a importancia de que cheguen a coallar proxectos industrias, sobre a influencia… Seguir lendo

O vindeiro martes, día 10 de marzo, como cada segundo martes de mes, estaremos, a partires das 20:30 h. no pub Borsalino de Ferrol.
Nesta ocasión contaremos cun auténtico todoterreo no eido do audiovisual: Rubén Coca.
Baixa o cartel e, se che parece, imprímeo e difúndeo na túa contorna.
cartelrubencoca
Vémonos o martes.

Próximos Eventos
  • Non hai eventos.
  • Actividades Lefre
    Marzo 2009
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031EC
    Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n’ela; hay sitio para todos.
    Castelao
    5 artigos no mes de «

    Marzo do 2009

     »